Actividades

"Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella", este sábado, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María

23/01/2023

Un filme documentario sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos., Miro Casabella.

A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galiza na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presenza de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galiza. O filme documentario "Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella" (2022) está dirixido por Federico A. Rioboo e producido pola entidade Cántigas da Terra da Coruña. O documentario ten unha duración de unha hora e para asistir cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria ou no whatsapp 698177621